Biografía

Podería definirme como compositor, músico e titiriteiro, así como Técnico en Animación Sociocultural e socio fundador da Compañía “A Xanela do Maxín”

No 2012 comezo a miña andaina en solitario neste novo proxecto e a día de hoxe conto coas seguintes creacións:
– Cantamos un Conto? (2012)
– O Bigote de Mimí (2016)
– O Mundo de Carliños (2017)

De cara ao outono-inverno do 2018 presentarei o meu primeiro libro disco!!!

Ademais, na compañía que dirixo xunto con Celtia Figueiras: “A Xanela do Maxín” son tamén autor e produtor de catro pezas para Títeres “Na Busca da Arte”, “A Caixa de Nuk” “O Murmurio do Mar” e “Só Lles Falta Falar”, así como coautor e produtor doutras tres “Chincha Rabincha”, “A Pequena Lúa” e “O Rei Destronado”, participando coas mesmas nos distintos circuitos profesionais de Galicia e aos que asistiu a diferentes festivais tales como: Juglares (Córdoba-Arxentina), Titirisanse (Madrid), Galicreques (Santiago), UNIMA CYL (Soria), Titirideza (Lalín), Salta (Arxentina), entre outros.

Por outra banda produxen á vez interpreto os contacontos con monicreques “Os Libros do Titiritero” e “Titeremusicontos”, sendo neste último o compositor da música que se representa en directo, ó igual que en “O Murmurio do Mar”