Cantamos un Conto?

Música para crianzas partir dos 3 anos

Este proxecto nace dende a idea de que cada intervención sexa única e inesquencible. Un concerto diferente no que caben diversos contos cantados que poden variar dependendo de determinadas efemérides, festividades, conmemoracións, etc. pero que coinciden no seu tono desenfadado e divertido. 

Con diferentes versións: Cantamos un conto na biblioteca?, Cantamos no Samaín? Cantamos no Magosto?… todas elas co fío común dos contos, dos xogos e da música, moita música!!!

E TAMÉN DISPOÑIBLE COA BANDA..

E cunha banda do máis peculiar. Un concerto para toda a familia único e inesquecible, cheo de sorpresas e diversión que non deixará indiferente a ninguén.