Cantamos?

Unha nena á que lle encantan a música e máis os contos descobre, a través do artista que vai dar un concerto ao seu colexio, que os contos se poden cantar!

Rosi e Luis convídante a xogar, cantar e descubrir un mundo de fantasía no que todo é posible.

“Un espectáculo cheo de emocións, con contos que son cancións, música para xogar, bailar, cantar e soñar. Que? Anímaste a formar parte do seu coro?”