Cantares Das Letras

Unha vez máis xuntamos a música e o teatro para conmemorar, deste xeito, as Letras Galegas. 

Nesta ocasión,  tamén faremos un percorrido pola historia das Letras, lembrando a autores de anteriores anos e, por suposto, a razón pola que cada ano festexamos esta data. Todo isto co tono desenfadado e divertido que caracteriza ao noso proxecto. Cunha duración de 45 minutos aprox.